O PP pide a dimisión de Juan Manuel Rey como alcalde de Caldas

    jesusgoldarppcaldas100_200407.jpgCALDAS > O PP de Caldas pediu hoxe a dimisión do alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, polo envío de cartas có membrete…

    …do Concello solicitando o voto ós emigrantes. O candidato dos populares, Jesús Goldar, asegura que é inaceptable que o alcalde cualifique os feitos como un ‘erro’ e di que lles parece humillante que o rexedor non asuma toda a responsabilidade. O PP de Caldas pide a dimisión de Juan Manuel Rei como alcalde de Caldas e da persoa moza e inexperta que segundo o presidente da corporación foi o autor das misivas.

    O aspirante á alcaldía recordou que este tipo de envíos dende o Concello non é novo. Jesus Goldar amosou unha carta de 1999 no que José María Tobío puxera en marcha a mesma práctica. Para os populares este precedente desmonta a teoría da boa fe do alcalde. Ademais afirmaron que o responsable máximo dos documentos que saen do Concello é Juan Manuel Rei. Os populares aseguran que lles parece humillante que o alcalde cargue as culpas do acontecido nun compañeiro de partido e mostraron a súa repulsión polo total desprezo ó voto emigrante ó referirse a súa ampla maioría absoluta.

    Tamén dende o PP puntualizaron que o diñeiro do Concello invertido nestes envío é de 5.600 euros e non de 1.500 como declarou onte o alcalde.

    Redacción Salnés