O PP de Boiro acusa ó tripartito de infla-los presupostos e endebedar ó concello

    BOIRO > O PP de Boiro anunciou a súa oposición ós orzamentos presentados polo tripartito. Os populares acusan ó goberno local de inflar os presupostos, ós que cualifican de ‘ficticios’, e consideran que se trata dunha manobra electoralista de cara ás vindeiras eleccións municipais.

    Os membros do PP boirés criticaron duramente a falla de investimentos incluidos nestes orzamentos que supoñen unicamente un 24 por cento. Neste sentido, explican que do total dos 8 millóns 800 mil euros, máis de cinco millóns correspoden a obras incumpridas en anos anteriores, repetíndose novamente no documento orzamentario proxectos como o Centro Social de Cabo de Cruz, a Gardería e o Centro de Día. Así mesmo, desaparecen importantes actuacións como as previstas nos cemiterios de Vista Alegre e Abanqueiro, os paseos do Río Coroño, do Río Breiro e de Escarabote, o porto deportivo de Cabo de Cruz e a ampliación do polígono industrail de Espiñeira.ppboiro_300_110506.jpg

    Os populares acusan ademais ó tripartito de endebedar ó concello coa contratación dun préstamo por importe de dous millóns trescentos mil euros para o financiamento de obras. Con este préstamo increméntase a débeda municipal case nun 20 por cento con respecto ó ano 2003 no que o tripartito comezou a gobernar.

    O voceiro popular, Xoán Xosé Dieste, atribúe á incapacidade de xestión do actual equipo de goberno a falla de subvencións por parte das administracións provinciais, autonómicas e estatais, repercutindo negativamente nos impostos dos cidadáns de Boiro. Os populares lembran a este respecto que o tripartito protagonizou a suba de impostos máis alta na historia deste concello co incremento dos actuais e a creación de novas taxas.

    Estes orzamentos van supoñer o incumprimento da Lei de Estabilidade Presupostaria xa que presentan unha necesidade de financiación de preto de dous millóns de euros, derivando nun importante desequilibrio financieiro.

    Redacción Barbanza