BOIRO> O campo municipal de Valiño, en Boiro, acollerá do 20 ó 24 de xullo a terceira edición do Depor Campus. Esta mañá tiña lugar no Concello a presentación da actividade. As inscricións xa están abertas e poderán realizarse ata o próximo 16 de xullo na páxina da Fundación do club herculino.
Un ano máis, e con esta xa son tres edicións, o Deportivo da Coruña volverá a organizar en Boiro o seu Depor Campus. A actividade, que o club branquiazul organiza en colaboración coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro e o propio Concello, desenvolverase entre os días 20 e 24 de xullo no campo de Fútbol de Valiño. A actividade, dirixida a nenos dos seis ós catorce anos, estará este ano moi condicionada pola Covid-19, polo que se extremarán as medidas de seguridade establecidas para este tipo de actividades polas autoridades sanitarias.
Dende o Concello destacaron a importancia desta actividade.
As inscricións para o Depor Campus xa están abertas, podéndose realizar ata o vindeiro 16 de xullo a través da web www.deporcampus.rcdeportivo.es. O número de prazas este ano estará limitado a 60.