A Cruz Vermella promociona os hábitos alimenticios saudables

    dv_736_-_cruz_vermella_100.jpgPONTEVEDRA > A Cruz Vermella Xuventude de Pontevedra comezou esta mesma tarde unha nova campaña de promoción de hábitos alimentarios

    …saudables; que persegue fomentar unhas costumes alimenticias e de mantemento máis beneficiosas entre os rapaces e rapazas.

    Estes cursiños están destinados a rapaces e rapazas de Pontevedra e o seu entorno de entre 6 e 14 anos de calquera condición, e sobre todo, se pertencen a algún colectivo desfavorecido. Impartiranse en horario de 4.30 a 6.30 da tarde; o luns en Campañó, o martes na aula solidaria desta institución en Pontevedra, e os xoves no centro cultural de Estribela.

    Os raparigos interesados poden anotarse de balde na Cruz Vermella a estes cursos, nos que ademais recibirán unha chea de agasallos só por asistir a pasalo ben e aprender. Esta iniciativa chegará tamén ás demais asembleas locais e comarcais da Cruz Vermella na Provincia, como Vigo, Salnés, Baixo Miño, A Estrada e Ponteareas.

    Redacción Salnés