O goberno da Deputación fai balance destes dous anos

    BARBANZA> Entre os aspectos máis destacados no que vai de mandato fixeron alusión ás políticas de creación de emprego. Tras dous anos de goberno bipartito na Deputación da Coruña, PSOE e BNG fixeron balance esta mañá da súa xestión neste tempo á fronte do organismo provincial. Tanto o presidente, o socialista Valentín González Formoso, coma a vicepresidenta, a nacionalista Goretti Sanmartín, destacaron a boa sintonía existente entre ámbalas dúas formacións. Como exemplo dese bo facer numerosos logros acadados no que vai de mandato. Entre os máis importantes as políticas de creación de emprego, as axudas ós concellos de cara a reducción da súa débeda e tamén o achegamento da institución ó cidadán. Dentro dos proxectos levados a cabo nestes dous anos, o presidente provincial destacou o Plan Único. Un feito que tamén destacou a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, quen convidou á Xunta a mirarse no espello da Deputación da Coruña para ver camiños polos que avanzar nesa nova fórmula de xestionar os fondos. Outro dos puntos clave no balance destes dous anos de goberno bipartito na Deputación foi o impulso ó emprego, coa posta en marcha dun Plan de Emprego Local que financia a contratación de persoal nos concellos para cubrir servizos básicos, apoia ás empresas na contratación de persoal e impulsa tamén os proxectos emprendedores da mocidade, e que a día de hoxe xa conseguiu a inserción laboral de preto de 1.500 persoas.