A ‘bolsa’ de razóns de Xoán León non convence nin ó PP nin a Velo

    BOIRO > A polémica foi a nota dominante na sesión plenaria con carácter extraordinario celebrada pola corporación boiresa a petición do grupo popular que esixía explicacións ó concelleiro de Urbanismo ó respecto dunhas desafortunadas declaracións públicas nas que insinuaba o posible cambio de voto do concelleiro Manuel Velo grazas a unha ‘bolsa’. A intervención de Xoán León non satisfaceu nin á oposición nin ó propio afectado, Manuel Velo, que amosou o seu malestar ante a negativa do alcalde á súa intervención no pleno.

    pleno1_300_120506.jpgCoa súa intervención pretendía Xoán León zanxa-la polémica en torno ás súas polémicas declaracións nas que insinuaba a posibilidade de cambia-la opinión de Manuel Velo en relación á recalificación dos terreos de Espiñeira coa mediación dunha bolsa. Unha ‘bolsa’, que segundo o edil de Urbanismo, non estaría chea de cartos senón de documentos e de razóns para apoia-lo proxecto do centro comercial de LyC.

    Xoán León daba así por concluidas as explicacións solicitadas pola oposición. O PP cualificou de ‘graves e indignas’ as manifestacións públicas do concelleiro de Urbanismo chegando a suxerirlle a posibilidade de dimisión. Os populares instan ó edil nacionalista a pedir desculpas públicas a tódolos cidadáns por crear alarma social e preocupar á opinión pública levantado a sospeita de posibles casos de corrupción.

    Pola contra, Xoán León considera que debe ser o voceiro da oposición o que debe desculparse coa cidadanía boiresa por poñer en entredito o nome do seu pobo falando marbellización e escándalo político.

    Pola súa Banda, Xoán Xosé Dieste, tamén critica o feito de que o principal afectado, Manuel velo, no saíra a defenderse nin se dese por aludido. O voceiro popular dirixiuse ó segundo tenente de alcalde afirmando que deben respectarse os pactos pero sempre que non se poña en xogo a honra persoal.pleno2_300_120506.jpg

    A este respecto, Manuel Velo amosou a súa enorme indignación ante a decisión do alcalde de dar por concluido o pleno antes de que puidera intervir como principal aludido. Manuel Velo abandonou o salón de plenos cun evidente malestar ante a falla de consideración do rexedor local.

    Previamente a corporación boiresa celebrara outro pleno, moito máis tranquilo, para proceder á aprobación dos orzamentos presentados polo tripartito. Os populares votaron en contra destes presupostos por consideran que se reducen os investimentos en proxectos necesarios para o municipio e se incrementa notablemente o nivel de endebedamento do concello.

    Redacción Barbanza