A Policía Local de Vilagarcía pide un salario digno e acorde co seu traballo

    concentracionpolilocalvilagarcia_100_150506.jpgVILAGARCÍA > Uns trinta axentes da Policía Local de Vilagarcía concentráronse esta mañá diante do concello. O que pretenden é darlle un toque de atención ó goberno local para que se acelere a catalogación dos diferentes postos de traballo municipais.

    Segundo denuncia a Policía Local de Vilagarcía, o persoal deste concello leva desde o 2002 sen ver un aumento de salario acorde coas peculiaridades do seu posto de traballo. A pasada semana reuniuse a Mesa de Catalogación, que levaba sen establecer contacto un mes e medio. Os axentes cren que cunha xuntanza intensiva entre representantes sindicais, xunta de persoa, comité de empresa e goberno local en poucos días se pode rematar este proceso.

    concentracionpolilocalvilagarcia_300_150506.jpgNo caso deste grupo, hoxe en día un axente de Vilagarcía estaría cobrando o mesmo que un auxiliar administrativo sen ter en conta peculiaridades do seu posto, como a responsabilidade de saír á rúa cun arma. Denuncian ademais que o seu salario é moi inferior ó doutros corpos de Polícia Local noutros concellos de menor entidade. Por exemplo, os axentes de Sanxenxo estarían cobrando 400 euros máis que os de Vilagarcía.

    A Policía Local aprecia pouco interese por parte dos responsables municipais en pórlle unha nova data á Mesa de catalogación. Por iso se seguirán concentrando, mañá de once a unha diante do consistorio, unha protesta á que convidan ó resto de persoal municipal.

    Redacción Salnés