![]()
VILAGARCÍA> Este é o futuro da Cámara de Comercio segundo o novo Presidente, Miguel Falcón, despois de que o pleno o ratificase.
{flowplayer}images/salnes/NOVO_PTE_CAMARA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
O que fora vicepresidente da Cámara de Comercio e Presidente en funcións desde o pasado mes de decembro, xa ostenta oficialmente o cargo despois de que onte o pleno ratificase a súa candidatura.
Agora quedan por diante dous anos de traballo, segundo Miguel Falcón, onde a clave estará na reinvención da Cámara. Para conseguir este obxectivo, marcouse cinco liñas de actuación entre as que cabe destacar a aposta pola internacionalización, a formación e os emprendedores.
En canto ó financiamento Miguel Falcón confesou que a situación actual é complicada tendo en conta a inexistencia da cota do recurso cameral permanente. Para elo, dixo, contarán cos fondos do Estado e coas cotas dos socios que traballarán para fomentalos.
Nesta comparecencia, o actual presidente tamén falou de Fexdega. Explicou que a celebración de feiras dependerá do desexo dos empresarios pero recoñeceu que fóra do ámbito comarcal será complicada a súa proliferación.
Ademais do cambio do cargo de Presidente, nesta ocasión incorporouse un novo membro ó Comité Executivo. Trátase de María Luisa Pereira que ostentará o cargo de vogal.
Redacción Salnés








