O alcalde de Caldas de Reis destaca o carácter inversor dos orzamentos

    CALDAS DE REIS > O Concello de Caldas xa ten preparados os orzamentos deste ano que foron presentados polo alcalde, José María Tobío,  quen destacou varias das inversións que recollen as contas. En total o capítulo inversor supera ós 2,5 milóns de euros.

    Entre as principais inversións do Concello de Caldas está o proxecto do Centro Termal, unha aula da natureza e senda fluvial, e a ampliación e mellora do campo de fútbol das Corticeiras. Un dos principais obxectivos do goberno local é converterse nun concello sostible, polo que queren aumenta-las inversións en saneamento, sobre todo no río Umia. Estas actuacións uniríanse á posta en marcha no verán da EDAR. Pero tamén haberá presuposto para outros servizos municipais, como a praza de abastos e diversas casas de cultura. Os orzamentos, que ascenden a 6,7 millóns de euros, foron criticados pola oposición porque perpetúan o alto endebedamento do concello. Sen embargo o alcalde desmentiuno hoxe asegurando que éste estaban moi por debaixo do permitido.

    Redacción Salnés