O concello de Boiro compensará ós afectados polas expropiacións da Cachada

    BOIRO > O concello de Boiro deberá destinar alomenos seiscentos mil euros para compensar ós propietarios afectados pola expropiación na zona da Cachada para a construción do instituto e o polideportivo hai agora dez anos. Tras un longo proceso xudicial, a sentencia establece que o prezo de dez euros por metro cadrado pagado no seu día polo goberno do PP é inferior ó prezo real do terreo que rondaría os sesenta euros por metro cadrado.

    barraa_300_150506.jpgA batalla legal entre concello e propietarios iniciouse hai unha década cando o goberno presidido por Xesús Alonso expropiou preto de trinta mil metros cadrados na zona da Ccachada para a construción do complexo deportivo e o instituto.

    O anterior executivo fixou entón o prezo do metro cadrado en dez euros, cantidade considerada insuficiente por trece propietarios que recorreron á vía xudicial. A sentencia feita pública agora vén da-la razón ós afectados posto que a Comisión Provincial de Expropiacións estableceu o valor dos terreos en preto de sesenta euros por metro cadrado.

    Non contentos co fallo xudicial, os veciños afectados teñen previsto presentar un recurso para incrementar o valor dos terreos que, segundo eles, rondaría os 240 euros.

    Ademais é posible que o concello teña que indemnizar ós propietarios posto que no momento da expropiación a corporación aprobou en pleno qun acordo polo que si os afectados gañaban o xuízo deberían ser compensados economicamente.

    O custo destas indemnizacións podería ascender a 1’8  millóns de euros que se veñen a sumar ó pago do valor dos terreos que finalmente establece o tribunal.

    Redacción Barbanza