A confraría de Noia oponse á autorización de vertidos en San Finx

NOIA> A confraría noiesa segue perplexa ante a autorización de vertido ó río Pesqueiras das augas residuais depuradas procedentes da mina de San Finx.

Dende o pósito sinalan que non se dan as mínimas garantías medio ambientais. Non entenden esta situación que pon en serio risco a produtividade da Ría da que viven, directa ou indirectamente, máis de cinco mil familias.

A Confraría segue adiante coa mobilización fixada para o día 4 de marzo ás once da mañá na alameda noiesa. de Non haber marcha atrás seguirán coas protestas, e xa anuncian que levarán o caso ós tribunais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí