Abre as portas o centro de día para enfermos de Alzheimer

    centroalzheimerribeira.jpgRIBEIRA> Despois de varios anos agardando, debido a que o inmoble carecía de ascensor, vén de poñerse en marcha este servizo tan necesario na cidade.

    A instalación, que depende da Consellería de Traballo e Benestar, está situada na Avenida do Malecón, nun edificio cedido por Caixa Galicia á Xunta. 

    O novo centro dispón dunha superficie útil de aproximadamente 700 metros cadrados, cunha capacidade para trinta persoas. Está integrado por diferentes salas que permiten o traballo para grupos de xeito homoxéneo. Así dispón dunha sala de terapia ocupacional, un ximnasio, unha sala de estimulación e unha aula de formación.

    {flowplayer}barbanza/centroalzheimerribeira.flv{/flowplayer}

    A pesar de que as instalacións levan abertas apenas varios días, xa hai un número importante de usuarios facendo uso das mesmas. Un número que de seguro co paso do tempo se irá incrementando, debido á importante demanda deste servizo na localidade.

    O propio director do centro, Pablo Miras, sinalou que o traballo cos pacientes baséase especialmente na estimulación. Ademais do director, o persoal deste centro compóñeno, unha educadora social, unha terapeuta ocupacinal, dúas xerocultoras e unha traballadora social. Unha plantilla que de seguro irá aumentando na medida en que vaia incrementándose tamén o número de usuarios.

    Redacción Barbanza