O concello de Ribeira convoca un concurso de novela curta

    RIBEIRA > O concello de Ribeira vén de convocar co gallo do seu centenario coma cidade un concurso de novela curta dotado cun único premio de tres mil euros e a publicación da obra. O prazo de presentación dos orixinais rematará o 31 de outubro.

    O concelleiro de cultura de Ribeira, Luciano Fernández, presentou este venres unha actividade máis enmarcada nos actos organizados polo concello co gallo da celebración da súa concesión do título de cidade. Trátase nesta ocasión dun certame literario de novela curta que estará dotado cun único premio de tres mil euros, un diploma e a publicación da obra.

    O xurado, que estará composto por persoas de recoñecido pretixio no eido das letras galegas, terá tódalas facultades para a decisión do premio que non quedará deserto.

    Luciano Fernández dou coñecer tamén outros dos concursos literarios dirixido a escolares.O primeiro deles para alumnos de ensino secundario de toda a comarca do Barbanza será tamén de relato curto e poesía, tendo que versar sobre Ribeira e a súa historia.No segundo dos concursos, para o ensino primario, poderán participar alumnos de calquera colexio do municipio, cun único traballo sobre lendas de Ribeira e as súas parroquias.O prazo de admisión dos orixinais para estes dous concursos rematará o 10 de novembro.

    Redacción Barbanza