Caixanova aposta pola cultura colaborando con Concello de Pontevedra e a Deputación

    PONTEVEDRA > Caixanova asinou sendos convenios de colaboración para o desenvolvemento de actividades de carácter sociocultural coa Deputación de Pontevedra e mailo Concello de Pontevedra. asinaron. O vínculo coa cidade é forte como evidencia a inauguración que o vindeiro 15 de xullo fará a entidade coa inauguración do novo Centro Social e Financieiro Caixanova, que traerá a Pontevedra a mellor programación artística e cultural de todo o país e onde se agarda a presencia dos Reis.

    conveniocaixanova_300_220506.jpgConcello de Pontevedra

    Na colaboración co concello de Pontevedra, destaca a edición do libro ‘O Carballo de Santa Margarida’; a organización de actividades festivas, como as Festas da Peregrina, a Feira Franca ou NadalOcio; o patrocinio na organización do curso ‘Canto Coral’, actividades dirixidas a apoiar a promoción económica e o turismo e actividades socioculturais que se celebrarán no Pazo de Congresos e Exposicións, que contará cunha partida de 150.000 euros.

    O director xeral de Caixanova fixo fincapé no próximo remate das obras do novo centro social e financieiro Caixanova, que será inaugurado o 15 de xullo ás 7 da tarde e para o que se cursarán 1000 invitacións e na que se agarda a confirmación dos Reis. A inauguración será un dos principais eventos sociais da cidade durante o verán, xa que se porá en marcha a mellor plataforma cultural e social para a cidade de Pontevedra, sen comparación en todo o país. As actividades culturais no centro social e financieiro Caixanova comezarán ó día seguinte da súa inauguración, cunha programación que están ultimando, con espectáculos ó mais alto nivel.

    Deputación

    Esa cifra de 400.000 euros era a que hai uns días ofrecía a Xunta de Galicia para a dotación de marquesinas nas zonas necesitadas deste mobiliario urbano. O presidente da Deputación confirmaba hoxe que Caixanova e o ente provincial elaborarán un estudio para abrir a posibilidade de instalar marquesinas en toda a provincia, anque o presuposto podería ser superior o confirmado pola administración autonómica. Ademais, co convenio asinado a entidade financieira comprométese a colaborar co organismo provincial na programación cultural realizada baixo a denominación ‘Plan Cultural 2006’, que contempla o desenvolvemento de actividades nos diferentes municipios da provincia por parte de bandas de música, corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, rondallas, compañías de ballet, de danza, de teatro e grupos de música clásica e tradicional, entroutros.

    Así mesmo, Caixanova seguirá colaborando coas actividades do Museo Provincial de Pontevedra, que verá rematadas as obras a principio do vindeiro ano, na Bienal Internacional de Arte; en actividades de carácter cultural e científico, como o ‘Día da ciencia na rúa’; na promoción do deporte base– especialmente o destinado ós máis xóvenes- e na mellora das instalacións deportivas; na promoción e formación dos xóvenes no oficio de “canteiro”, apoiando á Escola de Canteiros; na promoción turística; no desenvolvemento das Aulas Virtuais da Escola para as Administracións Públicas Caixanova e en colaboracións de carácter editorial.

    Redacción Salnés