O NOIA presenta unha candidatura renovada e un programa comprometido cos noieses

NOIA> Máis de 400 persoas acudiron ó acto convocado polo NOIA no Coliseo Noela para dar a coñecer a lista coa que concorrerá ás eleccións do 28 de maio.

A candidata presentou como aval a xestión desenvolvida ó longo destes catro anos nas concellerías que dependen da súa formación como son Servizos Sociais e Cultura. Precisamente o edil de Cultura e voceiro municipal repetirá no segundo posto da candidatura.

Completan os primeiros postos da lista Liliana Gómez, José Luís Botana e paula insua. Ademais de presentar ós membros da candidatura, Marisol Villar dou a coñecer as principais liñas do programa electoral do NOIA baseado na súa independencia e compromiso cos noieses.