Os viticultores de Arousa Norte interésanse polos avances na produción dos viños

    BARBANZA > Os viticultores de Arousa Norte seguen a da-los pasos para a creación dunha denominación de orixe que aglutine os viños elaborados na zona do Barbanza. A recente aprobación dunha lei estatal que contempla a denominación ‘Viños da Terra’ supón un avance máis no camiño para dar a coñecer os caldos producidos na zona que non están incluídos na denominación ‘Rías Baixas’

    viticultura_300_220506.jpgTrala boa nova que supón a aprobación desta lei por parte do goberno de Madrid, representantes do sector vitivinícola participaron nunha xornada experimental para coñecer as últimas novidades na produción de viños. Os membros da asociación de viticultores ‘Terra da Ribeira de Arousa’ visitaron as instalacións de viveiros Pérez Castro ubicados na parroquia ribeiresa de Oleiros onde puideron coñecer os méotdos de saneamento e hixiene así como a diferenciación das varietais.

    O obxectivo é adquirir coñecementos sobre as modernas formas de producción para despois aplicalos nas súas propias plantacións no camiño para a consecución dunha denominación de orixe de recoñecida calidade.

    Esta visita vén supoñer un complemento ós diversos contidos teóricos impartidos pola Asociación de Vitivinicultores ó longo de diversas xornadas a tódolos seus membros.

    A denominación ‘Viños da Terra’ abarcaría os caldos producidos nos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Catoira, Valga, Dodro e Cesures que a pesar da súa calidade non obtiveron aínda o recoñecemento que merecen pola falla dun distintivo de calidade.

    Redacción Barbanza