1. 13:30 – A Xunta dá por estabilizado o incendio de Rianxo

Isto significa que o lume aínda segue fóra de control, pero que está en vías de quedar controlado en breve. A Xunta desactivou o nivel 2 de emerxencia no incendio que afecta aos concellos de Rianxo e Dodro, debido á súa “evolución favorable”. Esta situación decretouse como medida preventida pola proximidade das lapas ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Dende o goberno galego manteñen a superficie provisional queimada en 850 hectáreas.

Rianxo espertou esta mañá máis tranquilo despois da xornada dramática de onte. O lume deuse por controlado. Por fortuna non houbo que lamentar víctimas, aínda que os danos materias foron cuantiosos. A falta dunha nova avaliación dos datos, Medio Rural cifra nunhas 850 hectáreas de superficie queimadas.

Publicada por Canal Rías Baixas en Miércoles, 27 de marzo de 2019

2. 10:30 – O incendio de Rianxo “en vías de controlarse”

Os efectivos e os veciños de Rianxo continúan loitando contra o lume, despois dunha longa noite. A situación foi mellorando nas últimas horas, polo que todo apunta a que podería quedar controlado en breve. Polo de agora, o lume avanza fóra de control. Leva calcinadas 850 hectáreas, segundo os últimos datos da Xunta, pendentes de actualización. O de Rianxo é o primeiro “gran incendio” en Galicia dende a vaga de 2017, termo que se emprega para aqueles lumes que superan as 500 hectáreas.

🔴 NOVIDADES NO INCENDIO DE RIANXO. A Xunta de Galicia solicita a desactivación do nivel 2 de alerta no incendio de Rianxo e Dodro, pola súa "evolución favorable". Dende a Consellería do Medio Rural manteñen en 850 hectáreas a superficie calcinada polo lume. O dato segue a ser provisional. A Situación 2 decretouse onte como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 40 axentes, 40 brigadas, 28 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Publicada por Canal Rías Baixas en Miércoles, 27 de marzo de 2019

Segundo a Xunta, no termo municipal de Dodro xa se conseguiron extinguir definitivamente as lapas. Ante esta situación, os medios aéreos que traballaban nesa zona trasladáronse de novo a Rianxo. Segundo o último parte da Consellería do Medio Rural, publicado contra as 10:30 horas desta mañá, nas tarefas de extinción do incendio mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 40 axentes, 40 brigadas, 28 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

3. 19:30 – Último balance de Medio Rural

Permanece activo o incendio que afecta os concellos coruñeses de Dodro e Rianxo. Iniciouse onte ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 850 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada.

Neste lume foi preciso decretar a Situación 2, como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Para o seu control mobilizáronse 2 técnicos, 28 axentes, 27 brigadas, 18 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 4 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

incendios

#IFLaíñoDodro As imaxes falan por si soas. Rianxo volve sufri-la devastación do lume. Arderon 850 hectáreas, segundo o último dato facilitado por Medio Rural hai xa máis de tres horas. O incendio forestal segue fóra de control. Continúa activo o nivel dous de alerta. Isto quere dicir que as lapas poderían poñer en perigo tanto ás persoas como as viviendas. O Instituto da vila foi desaloxado esta mañá, por precaución por mor da gran cantidade de fume que cubre a vila.

Publicada por Canal Rías Baixas en Martes, 26 de marzo de 2019

4. 18:30 – 1000 Hectáreas

Os concellos de Rianxo e Dodro valoran xa en máis de 1000 as hectáreas calcinadas no incendio forestal que segue ardendo en varias das súas parroquias.
A UME xa se incorporou as labores de extinción xunto con bombeiros forestais de varias BRIF, e unidades de protección civil de outros concellos da comarca e arredores.

5. 16:45 – Incorpórase a UME

Incorporanse ás labores de extinción do incendio forestal en Rianxo e Dodro uns 199 militares, 12 autobombas, e 2 nodrizas do BIEM5 (León)

Serán dous relevos de 100 persoas. O primeiro xa está en camiño dende a súa base.

 

6. 16:30 – Os medios aéreos loitan contra o lume

Según datos facilitados pola xunta, o área afectada ronda xa as 850 hectáreas.

Imaxe: Xunta de Galicia

7. 15:15 – O Ministerio envía oito medios aéreos e especialistas na extinción de incendios para apoiar a Comunidade Autónoma de Galicia

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación enviou hoxe oito medios aéreos  e especialistas na extinción de incendios forestais  para apoiar a Comunidade Autónoma de Galicia na loita contra o incendio forestal declarado en Dodro (A Coruña)

8. 14:45 – A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe:

Dodro-Rianxo

Continúa activo o incendio que afecta aos concellos coruñeses de Dodro e Rianxo. Iniciouse onte ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 550 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada.

Neste lume foi preciso decretar a Situación 2, como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 18 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros, 2 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lousame-Noia

Está tamén controlado desde as 10,42 h. o incendio localizado nos concellos coruñeses de Lousame e Noia, que afecta unha superficie de 78 hectáreas, das cales 73 son de monte arborado e as 5 restantes de raso, segundo as últimas estimacións provisionais, que se concretarán en canto se parametrice o lume.

Este incendio rexistrou ata tres focos en Lousame, parroquia de Tállara, que se iniciaban de xeito simultáneo arredor da pasada medioanoite, motivo polo que todo indica que tamén foi provocado. Estes focos uníronse despois cun cuarto xa no municipio de Noia (parroquia de Argalo). Para controlar este incendio mobilizáronse 9 axentes, 5 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

9. 14:30 – O lume  chega a Rianxiño

Incendio Dodro – Rianxo

Incendio Dodro – RianxoO lume chega a Pousadeiros, Rianxiño.

Publicada por Canal Rías Baixas en Martes, 26 de marzo de 2019

10. 14:00 -Desaloxado o Instituto de Rianxo

Desaloxado o Instituto de Rianxo pola intensa fumareda procedente do incendio declarado na localidade. O evacuación levouse a cabo como medida de precaución. As lapas non están preto do centro educativo. O alumnado foi enviado ás súas casas.

🛑🔥 Desaloxan o instituto de #Rianxo por mor do incendio.A medida tómase polo fume e por precaución.O vento está a dificultar as tarefas para controlar o lume, agora no nivel 2 de alerta.O intenso fume pode verse do outro lado da ría de Arousa. As imaxes son dende o miradoiro do Monte Lobeira.

Publicada por Canal Rías Baixas en Martes, 26 de marzo de 2019

11. 13:30 – A Xunta acaba de decretar a situación 2

A Xunta ven de decretar a situación 2 de emerxencia no incendio que afecta ós municipios de Dodro e Rianxo no Barbanza, ante a proximidade a vivendas da parroquia de Leiro.

Varios medios aéreos e a UME están mobilizados para controlar un lume que xa leva queimadas 550 hectáreas.

Imaxe: Brigada de Marroxo – twitter.com/BMarroxo

Barral, Rianxo:

Imaxe: twitter.com/shharv

12. 11:30 – Avanza sen control o lume en Rianxo.

O lume avanza descontrolado con varios focos activos en varias zonas do concello de Rianxo. A nivel de alerta ascendeu ao dous.

Un dos puntos de maior risco atópase na aldea de Or, na parroquia de Leire, onde as lapas están preto das viviendas. Así as cousas, aínda non se produciron desaloxos.

Numerosos medios traballan no control do lume. A maioría son terrestres, á espera da chegada dos aéreos que están a desprazarse dende Madrid.

Tamén está previsto que o Conselleiro do Medio Rural visite a zona.

🛑🔥Avanza sen control o lume en Rianxo.O lume avanza descontrolado con varios focos activos en varias zonas do concello de Rianxo. A nivel de alerta ascendeu ao dous.Un dos puntos de maior risco atópase na aldea de Or, na parroquia de Leire, onde as lapas están preto das viviendas. Así as cousas, aínda non se produciron desaloxos.Numerosos medios traballan no control do lume. A maioría son terrestres, á espera da chegada dos aéreos que están a desprazarse dende Madrid. Tamén está previsto que o Conselleiro do Medio Rural visite a zona.

Publicada por Canal Rías Baixas en Martes, 26 de marzo de 2019

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí