Os socialistas de Ribeira estrean páxina web

    RIBEIRA > O PSOE de Ribeira conta dende hai uns días cun novo espazo web no que se pode acceder a diversa información sobre as propostas e iniciativas da formación política. Un bo número de militantes e simpatizantes socialistas de todo o Barbanza asistiron ó acto de presentacion da nova web que estivo presidido polo secretario xeral, Xosé Vicente Mariño.

    Co obxectivo de achegarse ás novas tecnoloxías e aproveitar as súas posibilidades para a difusión do seu programa, os socialistas de Ribeira veñen de poñer en marcha a páxina web oficial da agrupación política.

    Este espazo virtual, ubicado na dirección www.socialistasderibeira.org , divídese en varias seccións entre as que se atopa información sobre a executiva local, novas do concello, actualidade e mesmo unha galería de fotografías dos lugares máis destacados do municipio.

    Na páxina incluense ademais propostas dos socialistas no ámbito municipal así como as actuacións que consideran precisas para o desenvolvemento do concello como a ampliación do porto comercial ou a creación dunha vía de circunvalación.

    O secretario xeral dos socialistas ribeireses, Xosé Vicente Domínguez, destacou durante a presentación a importancia de estar presentes en internet como medio para chegar a un maior número de cidadáns que cada vez teñen maior acceso á rede.

    Redacción Barbanza