A Romaría das Letras celebrarase este ano na Cachada

BOIRO> O parque da Cachada acollerá este ano a Romaría das Letras. Durante toda a xornada desenvolveranse actividades relacionadas coas letras e a cultura galegas ó redor da figura de María Victoria Moreno. As obras de acondicionamento na finca de Goiáns obrigaron este ano ó cambio de emprazamento da romaría das Letras. Esta oitava edición celebrarase no parque da Cachada  a partir das once da mañá con actividades diversas para tódolos públicos nas que a lingua e identidade galegas son o  fío conductor. A figura de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, estará moi presente durante toda a xornada coa lectura de textos da súa obra e unha exposición fotográfica. Dende a asociación cultural Barbantia e do concello de Boiro fan un chamamento á participación da cidadanía neste evento festivo.