Os nenos rianxeiros plasman a labor de Protección Civil a través de debuxos

    RIANXO > A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo entregou os premios do segundo concurso de debuxo para escolares relacionado coa Protección Civil en situacións de emerxencia. Na iniciativa, pioneira da comarca, participaron un bo número de rapaces.

    O salón de actos da casa de cultura Cuartel Vello de Rianxo acolleu a entrega de premios ós gañadores do segundo concurso de debuxo para escolares relacionado coa Protección Civil en situacións de emerxencia organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil desta localidade.proteccincivil_300_220506.jpg

    No acto participou tamén o alcalde, Pedro Piñeiro, así como o concelleiro delegado de Protección Civil, Roberto Carlos Iglesias, e o responsable xefe da Agrupación na localidade, Manuel Gómez Villanustre.

    Antes da entrega dos agasallos ós participantes no concurso o rexedor rianxeiro destacou a importancia deste tipo de iniciativas que axudan a educar ós nenos na prevención dos accidentes.

    Un a un os nenos participantes no concurso foron recibindo os distintos premios, entre eles unha mochila con camisetas, lanternas, viseiras, chifres e radio-reloxos doados por establecementos comerciais do municipio. Para os primeiros clasificados tamén houbo trofeos e diplomas acreditativos.

    Redacción Barbanza