BOIRO> Portos de Galicia e Puertos de Andalucia seguen a manter encontros de traballo de cara a posta en marcha de proxectos en común. Trala visita de onte a Sanxenxo, os responsables dos dous entes autonómicos trasladáronse esta mañá ó Barbanza.
Galicia segue a intercambiar experiencias en xestión de infraestruturas portuarias de titularidade autonómica con Andalucía. Despois da visita realizada onte a Sanxenxo e a Baiona, os encontros continuaron no Barbanza. Esta mañá representantes do ente público galego e do andaluz desprazáronse ata Boiro para coñecer a actividade portuaria e náutica que se desenvolve neste peirao. En definitiva o que se pretende non é máis que intercambiar experiencias en materia de xestión portuaria e sumar sinerxías neste eido co fin de alcanzar intereses comúns.
Con anterioridade as dúas delegacións tamén realizaron unha visita a Portosín. Un encontro este no que tamén estivo presente a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Comments are closed.