Agadea pon en marcha un programa de prevención do deterioro cognitivo en Rianxo

RIANXO> Coincidindo coa conmemoración do mes do alzheimer, AGADEA segue a presentan programas de prevención en todo o Barbanza. Desta volta tocoulle a Rianxo onde se desenvolverá i proxecto Activa a túa mente, dirixido a persoas sans que desexen retrasar o máximo posible o deterioro cognitivo.

O programa impulsado por AGADEA en colaboración co concello de Rianxo e Caixabank vai dirixido a maiores de 65 anos. Os participantes, seleccionados mediante un cribado previo, someteranse a unha avaliación non só cognitiva senón tamén auditiva e visual para determinar o seu estado antes e despois do programa que durará nove meses.

Seleccionaranse 20 participantes, divididos en dous grupos, que participarán nas actividades tódolos martes de outubro a xuño.

Esta iniciativa supón un paso máis na colaboración entre AGADEA e o concello de Rianxo que está a dar os seus froitos na posta en marcha tamén dun centro de atención ás persoas con deterioro cognitivo.