A POBRA> 12 bandas do Barbanza participarán no ciclo de concerto Sons da Vila que arranca este xoves na Pobra. O obxectivo destas actuacións musicais, que se desenvolverán entre semana, é dinamizar a hostalería local polo que se desenvolverán na contorna das terrazas.
Rockolas serán os encargados de inaugurar o Sons da Vila este xoves. O concerto previsto para as nove da noite nos xardíns Valle-Inclán dá o pistoletazo de saída a un ciclo musical que se estenderá ata principios de setembro co obxectivo de dinamizar a hostalería pobrense a través desta oferta cultural.
Case tódolos concertos desenvolveranse en horario de tarde noite menos unha sesión vermú prevista na zona dos Areos.En total participarán doce grupos locais entre os que destacan D Crooners, Mar Davila ou Caras B.