O novo marco normativo para a flota, a debate en Ribeira

RIBEIRA> A escola náutico pesqueira de Ribeira acolleu a segunda xornada de Pesca  organizada pola Cooperativa OPP83. No encontro analizouse o novo marco normativo europeo e as súas consecuencias sobre a flota galega.

O Conselleiro do Mar clausuraba este mediodía a xornada sobre Pesca desenvolvida na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira. Este encontro serviu para analizar o novo marco normativo para a flota. Alfonso Villares destacou a importancia de liderar a defensa dos intereses da flota dende Galicia á hora de elaborar as directivas europeas.

Neste sentido reiterou a necesidade de ter en conta criterios socioeconómicos e non só científicos á hora de lexislar.

Xunto co responsable autonómico, a xornada contou coa intervención do capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, o catedrático de dereito administrativo na Universidade da Coruña, Francisco Javier Sanz,. A directora de programas e plans de inspección do Ministerio de Agruciltura e Pesca, Sonia Ruiz e o subdirector xeral de Pesca, Pedro Riveiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí