BARBANZA > Tralas chuvias de hai uns días parece que o tempo primaveral comeza a impoñerse en toda Galicia polo que os barbanzáns poderán desfrutar dunha fin de semana de sol e calor. De feito, as altas temperaturas rexistradas levaron a moitos veciños da comarca a desprazarse ata as praias que rexistraron un importante volume de visitantes. Os areais barbanzáns presentaban este aspecto, ateigados de xente tomado e sol e mesmo algún que outro arriscado bañista.
A situación anticiclónica prolongarase durante toda a fin de semana co predominio de ceos despexados e temperaturas con valores moi altos posto que as máximas chegarán a acadar os trinta graos.
Durante a vindeira semana as altas presións continuarán deixando un tempo estable, con predominio de ceos despexados, aínda que as temperaturas descenderán lixeiramente con respecto das agardadas para a fin de semana.
Redacción Barbanza