Os areais rianxeiros serán rexenerados antes de finais de ano

    pedro_100_280606.jpgRIANXO > O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, vén de informar do proxecto de rexeneración de varias praias do municipio, unha actuación que vai levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente a través da Demarcación de Costas en Galicia. Despois de que o proxecto estivera a exposición pública, tan só falta remitirlle toda a documentación a Madrid para a súa aprobación definitiva e a contratación das obras. O rexedor rianxeiro confía en que o proceso non se alongue máis de ata finais de ano.

    As praias nas que se vai actuar serán Tanxil, Porrón, as Cunchas, Carballeira-Pazo e a Torre, aínda que o executivo rianxeiro confía en que Costas inclúa no proxecto definitivo outras pequenas actuacións no municipio como a que poida levarse a cabo en zonas de Isorna ou noutros puntos do litoral de Rianxo. O presuposto total para esta actuación ascende ós dez millóns de euros.praias_200_280606.jpg

    Precisamente o rexedor rianxeiro referiuse á importante inversión, así como a que se trata duna das obras que máis o ilusionan, debido fundamentalmente á transcendencia e importancia do proxecto.

    Redacción Barbanza