![]()
CALDAS > Instalaranse semáforos e correrán por conta do concello de Caldas. Este é o acordo ó que chegaron na reunión mantida en Pontevedra entre o alcalde do municipio caldense, o subdelegado do goberno en Pontevedra e varios responsables de Tráfico para abordar a problema do tramo viario na zona de Soutelo Saiar.
Varias foron as opcións baralladas para acabar coa perigosidade do tramo que discorre pola nacional 640 e resulta unha zona complicada na que uns vinte cativos collen o autobús escolar a diario. De momento non houbo grandes incidencias que destacar pero trátase, sobre todo, dunha cuestión preventiva. As solucións que se estudaban eran varias, entre elas a da creación dun paso a nivel.
Todas resultaron inviables a excepción da dos semáforos. A súa instalación correrá por conta do Concello xa que non é competencia de Fomento e Tráfico non dispón de partidas que poida destinar a tal fin. O concello instalará os semáforos en canto poidan cargalos ós orzamentos municipais e na maior brevidade posible. Mentres tanto optará por unha solución temporal: sinais luminosas e paneis reflectantes.
Redacción Salnés









