NOIA> Tan só unhas semanas despois da posta en marcha da venda electrónica de entradas do Coliseo Noela, os resultados non poden ser mellores. Dous terzos das reservas realízanse xa vía internet coas consecuentes comodidades para os usuarios e a eliminación das colas á entrada do teatro os días de función. Dende hai varias semanas, tódalas persoas que desexen asistir a algún dos espectáculos que acolle o teatro noiés poden realizar as súas reservas a través da web coliseonoela.com. A venda electrónica permite mercar as entradas durante as vinte e catro horas do día, sen movernos da casa e aforrando as colas ás portas do teatro. A habilitación da venda online permite ademais dar maior difusión ós espectáculos que recalan no Noela a través do convenio asinado con ABANCA xa que se poden adquirir as entradas a través da taquilla electrónica da entidade financeira. O sistema de funcionamento é moi sinxelo. Tras realizar a reserva, o usuario pode imprimir a entrada na súa casa ou retirala no propio teatro antes do comezo da función.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









