Adxudicada a redacción do proxecto de saneamento na parroquia sonense de Queiruga

PORTO DO SON> Satisfacción no executivo sonense polo anuncio da consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, da adxudicación da redacción do proxecto de saneamento da parroquia de Queiruga por un importe de máis de 18 mil euros. Este novo contrato permitirá desenvolver a proposta seleccionada no marco do estudo de alternativas para o saneamento desta parroquia. Os traballos a realizar consisten na definición a nivel construtivo da alternativa seleccionada, que contempla a construción da rede de colectores e a localización da estación depuradora, que se situaría no lugar da Ponte. Ademais da construción da EDAR, o proxecto incluiría un total de dez colectores e dúas impulsións. Tamén se acometerían tres estacións de bombeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí