Os alumnos do Tahume VII reciben os certificados de capacitación profesional

PORTO DO SON> O delegado da Xunta na provincia da Coruña participou no acto de clausura do obradoiro de emprego Tahume promovido polos concellos de Ribeira e Porto do Son. Os alumnos obtiveron o certificado de capacitación laboral nas especialidades de xestión forestal e de pintura industrial.

Os alumnos participantes na sétima edición do obradoiro de emprego Tahume recibiron o certificado que os capacita laboralmente en todo o territorio nacional nas especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación Forestal e de Pintura Industrial en Construción.

A colaboración entre os concellos de Porto do Son e Ribeira permitiu que este programa acadase xa a súa sétima edición contribuíndo non só á formación profesional dos seus participantes senón tamén á mellora de numerosos espazos públicos a través do traballo que realizaron ó longo dos últimos nove meses.

O delegado da Xunta adiantou que a partir deste ano se ampliará a duración dos obradoiros a doce meses, para conseguir unha maior estabilidade dos equipos de traballo.

Tan só na comarca do Barbanza, a Xunta está a investir tres millóns de euros en plans de emprego dos que se benefician 800 alumnos mediante a celebración de 35 cursos de formación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí