Cortegada, campiona interautonómica de baloncesto

cortegada_100_060606.jpgVILAGARCÍA > As xogadoras vilagarcianas do Cortegada conseguiron este domingo o campionato Interautonómico de Baloncesto, tras impoñerse na final ás asturianas do Moviflex Fodeba. Con elas tamén se clasificou para o Campionato de España o Ponce de León. As arousanas amosaron a súa ledicia ó recoller o premio de mans do edil de Deportes Carlos Guerrero.

cortegada_300_060606.jpgO Fundiciones Rey Cortegada impúxose ó Moviflex Fodeba na final do Campionato Interautonómico de baloncesto que se disputou desde o xoves no pavillón de Fontecarmoa en Vilagarcía. O resultado final de 45 a 30 deulle a vitoria ás xogadoras locais. Para celebralo, as vilagarciás saltaron á pista bailando a conga e contaxiaron a súa ledicia ó edil de Deportes, Carlos Guerrero, que foi quen lles entregou o trofeo e as felicitou unha por unha.

O Cortegada fíxose coa vitoria nun partido ó que vilagarciás e asturianas chegaban xa como clasificadas para o campionato de España. O Cortegada conseguiu unha folgada vantaxe xa desde o inicio do encontro e chegou a pórse cunha diferenza de 21 puntos mediado o terceiro cuarto. Neste momento reaccionaron as visitantes e grazas ós tiros libres lograron meterse no partido e achicar a distancia ata cinco puntos, pero xa demasiado tarde.

As subcampionas recibiron o premio de mans do presidente da Federación Galega, Francisco García. A terceira praza, valedoira tamén para o Estatal foi para as leonesas do Ponce, que derrotaron na final de consolación ó San Isidro Covipro de Valladolid.

Redacción Salnés