Esta fin de semana O Grove celebra un campionato deportivo moi especial. Tratase do Campionato galego de Dardos que este ano cumpre a terceira edición en terras mecas. Máis de 600 xogadores vidos de toda España participarán nas diferentes actividades que puntuarán cara os campionatos nacionais e Internacionais.
Por terceiro ano consecutivo o campionato Galego de Dardos celebrase en terras mecas. O venres arredor de 600 xogadores estarán nesta vila mariñeira para desputar as diferentes probas. O sábado celebraranse as finais da Copa Kao e o campionato por parellas no que participarán os mellores xogadores de Valencia, Salamanca, Valladolid, Madrid, Asturias, León, Valencia, Coruña, Lugo e Pontevedra.
O domingo disputaranse as probas Pro Master e as individuais no que os xogadores se clasificaran para o Campionato mundial que se celebrará o vindeiro ano na cidade estadounidense das Vegas.
Un campionato que se vai consolidando no Grove atraendo a moitos visitantes a comarca. O vindeiro ano esta actividade deportiva insertarase na Festa do Marisco co fin de darlle un maior impulso turístico.
Redacción Salnés