Antón Paz estará na Volvo Ocean Race co Telefónica Negro

anton250_260309.jpgSALNÉS> Aínda que non hai confirmación oficial do Movistar, todo apunta a que Antón Paz formará parte do equipo Telefónica Negro para o que resta de Volvo Ocean Race. O campión olímpico desprazouse hoxe cara Río de Janeiro onde se reunirá ó resto da expedición. Antes de que marchara, nós falamos con el.

{flowplayer}images/salnes/antonpaz_260309.flv{/flowplayer} 

Á espera da confirmación oficial do equipo, que presumiblemente farase mañá, Antón Paz unirase á disciplina do Telefónica Negro, que disputa a Volvo Ocean Race, durante os próximos dous meses.

O regatista vilagacián, que xa formara parte do stage que preparou o barco para a proba, trasladouse hoxe cara Brasil, onde o equipo está a repara-la embarcación co obxetivo de tela a punto para a próxima regata entre Río de Janeiro e Boston.

Pese a ser un debutante neste tipo de probas, sabe que ten cousas que aportar ó Telefónica Negro.

O barco ó que se enrolará non está entre os candidatos á victoria. É máis un proxecto de futuro para formar a xa grandes regatistas españois nesta durísima proba, ca fin de poder optar á victoria en vindeiras edicións. Os obxectivos son máis ben humildes, dentro da gran exixencia da Volvo.

Tras esta aventura de dous meses, Paz voltará a Vilagarcía para preparar o Mundial de Platú 25 que se celebra en setembro en Italia. Ademais, xunto co seu irmán Carlos, iniciarán un proxecto para estar en competindo en Londres 2012 en clase 49er, unha vez retirarouse o Tornado do programa olímpico. 

Redacción Salnés