![]()
RIBEIRA > O executivo ribeirés iniciou as obras de mellora do cemiterio municipal coa drenaxe e a pavimentación de varios camiños interiores.
Esta non é a primeira vez que o executivo local que preside Xosé Luís Torres Colomer acomete este tipo de actuacións no cemiterio municipal. Os arrastres de áridos provocados polas chuvias produce o amontonamento de area na parte baixa do camposanto, de aí a necesidade de acometer con urxencia a pavimentación e a drenaxe dos camiños interiores.
O orzamento total para levar a cabo estas obras ascende a uns 60 mil euros e está previsto que estean rematadas antes do 1 de novembro, día de Tódolos Santos. Ademais o contorno dos bloques dos nichos, verase considerablemente mellorado, instalándose pavimento con lousas de granito abuxardado, moito máis acorde co entorno. O executivo ribeirés pretende con esta actuación facilita-las visitas dos veciños ó cemiterio, contribuíndo a incrementa-la súa comodidade.
Redacción Barbanza










