O executivo boirense conclúe as obras de mellora de accesos en Nine

BOIRO> O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Urbanismo, Luís Ruíz, achegáronse esta mañá ata Nine, para comprobar o resultado das obras levadas a cabo na zona e que supuxeron a mellora dun camiño de acceso a varias vivendas e parcelas agrícolas, a carón da estrada provincial DP-1.102 que conduce a Neixón.

A actuación, cun orzamento de algo máis de 60 mil euros financiada en parte cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vén dar resposta a unha demanda dos propios veciños da zona.

O alcalde destacou o resultado das obras. Segundo el a mellora súmase a outros investimentos levados a cabo nesta aldea nos últimos anos.