Rey quita ferro ó insulto de Caballero pero non o veu por non ‘cabrearse’

    rey copia.jpg PONTEVEDRA> O alcalde de Caldas e candidato no pasado congreso provincial do PSOE di que el foi ‘educado’, deixando o insulto do rexedor vigués nunha ‘anécdota’.

    {flowplayer}images/salnes/REPOSTA_REY_CABALLERO.flv{/flowplayer}

    Unha anécdota. Así definiu o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, o calificativo de paiaso que supostamente lle dedicou o rexedor de Vigo, Abel Caballero, no congreso provincial do PsdeG de Pontevedra. Rey agradeceu a solidariedade que recibiu doutros compañeiros de partido e cre que o discurso que deu como candidato no congreso foi educado e correcto.

    Desde o PP provincial criticouse a división interna dos socialistas. O vicepresidente provincial Chema Figueroa considera que o PSOE fai diferencias entre a poboación do rural e do urbano, para elixir o seu líder. Ademais criticou que na recente visita do secretario xeral do PsdeG-PSOE Pachi Vázquez a Vigo non o acompañase ningún representante do seu partido nesta cidade. O socialista Juan Manuel Rey recoñeceu que este desplante non lle pareceu ben.

    O rexedor caldense insiste en que con el a unidade do partido está garantida. Recoñeceu que antes do congreso tivo dúas reunións coa formación viguesa sen que hubese acordo. En canto ós congresos locais que se celebrarán antes do 10 de xullo, Rey cre que haberá poucos problemas, inda que adiantou que nalgunhas, como a de Pontevedra, terán varias candidaturas.

    Para Rey o congreso provincial foi un partido de ida para moitas agrupacións locais. O rexedor de Caldas insiste na necesidade dunha renovación de ideas e persoas no partido socialista.

    Redacción Salnés