Salomé Peña pedirá á CPTOP que dote a rotonda de Barrantes dun paso elevado

    RIBADUMIA > Acondicionada a rotonda, só falta asegurar o paso dos peóns. Se o concello de Ribadumia inauguraba fai uns días a iluminación da rotonda de Barrantes agora o que quere é dotala dun paso elevado ou soterrado que permita ós transeúntes cruzar sen perigo. Para trasladarlle esta e outras cuestións, a alcaldesa, Salomé Peña, vén de solicitar unha reunión cos delegada de Obras Públicas.

    Á inauguración da rotonda de Barrantes fáltalle un paso (elevado ou soterrado) que permita ós peóns atravesar a estrada sen perigo. A alcaldesa de Ribadumia trasladarallo á delegada provincial da Consellería de Obras Públicas na reunión que vén de solicitarlle e na que ademais lle pedirá o acondicionamento da rotonda ó polígono de Ribadumia na zona de Cabanelas.

    Peña amosouse moi satisfeita coa iluminación da rotonda a pesar de ter recibido queixas por parte dos Independentes que tildaron o acto de inauguración de electoralista. A alcaldesa obviou estas críticas e tamén as recibidas polo peche da estrada principal durante a celebración da Festa do Tinto. A alcaldesa insistiu en que non recibiu queixa ningunha por parte dos comerciantes.

    Redacción Salnés