Cambados volve ser o lugar elixido para unha nova edición das xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’

CAMBADOS > Cambados acollerá este sábado a novena edición das xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’, que organiza TDAH Salnés. A cita porá sobre a mesa asuntos que afectan ás persoas que padecen este trastorno e ás súas familias. Van participar distintos relatores das áreas educativo-sanitaria e terapéutica. Tamén contarán co apartado ‘En primeira persoas’ no persoas contarán a súa experiencia convivindo con este trastorno.

Cambados volve ser o lugar elixido para unha nova edición das xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’. A cita, organizada por TDAH Salnés dende hai nove anos, celebrarase este sábado no Auditorio da Xuventude.

Nas xornadas falaran do impacto desta doanza no núcleo familiar, de estratexias para mellorar a educación do alumnado con necesidades, prácticas pedagóxicas, dereitos dos menores ou o TDAH en adultos.

Tamén contarán co apartado ‘En primeira persoas’, con distintas voces de cómo lles afecta este trastorno no seu día a día. Unhas xornadas que, de novo, volverán ter un marcado carácter reivindicativo.

O concello de Cambados colabora un ano máis con estas xornadas.

As xornadas rematarán co nomeamento da Socia de Honra 2025, recoñecemento que este ano vai para Carmen Pomar.