Os escolares de Ribeira dan exemplo ó volante

    RIBEIRA > Os escolares de Ribeira puxeron en práctica tódolos coñecementos adquiridos durante o curso de educación viaria que se viu impartindo ó longo de todo o ano. Os pequenos participaron nun circuito de cars con diversas sinais, semáforos e demais reproducindo a pequena escala o tráfico real.

    Preto de cincocentos rapaces, de dez centros escolares de todo o municipio, participaron neste curso de educación viaria que o concello de Ribeira vén poñendo en marcha dende hai xa nove anos. Os rapaces puideron poñer en práctica as leccións teóricas aprendidas no circuito de cars instalado na zona do Club Náutico.

    Alí os pequenos puideron conducir estes pequenos vehículos atendendo á sinalización instalada e ás indicacións dos axentes de tráfico.

    Os cativos desfrutaron moito da experiencia e, a pesar da dificultade do circuito, fixeron gala dun comportamento exemplar ó volante.

    Precisamente a formación de futuros conductores e peóns é o que se pretende con este curso de educación viaria que está a ter unha interesante resposta posto que os cativos adquiren condutas de circulación cívicas a aplicar nos seus desprazamentos tanto a pé coma en calquera outro vehículo como bicicleta, patín ou demais.

    Debido ós bos resultados acadados ata o momento, a concellería de Cultura ten pensado darlle continuidade nos próximos anos. Mentres tanto, a moitos non lle estaría de máis tomar exemplo destes pequenos conductores.

    Redacción Barbanza