CGT e CCOO seguen a denunciar o plan estratéxico de Alfageme

    sindicatos_100.jpgVILAGARCÍA > Representantes das organizacións sindicais CGT e CCOO , e da súa representación no comité de empresa de Conservas Peña, …

    … quixeron hoxe dar conta das últimas novidades respecto á situación do grupo ALFAGEME.

    Primeiramente, detallaron a sentencia do xulgado do social número un, pola que anula as últimas eleccións sindicais realizadas en Conservas Peña. Desde os sindicatos denuncian que se recolleron máis votos nas urnas da xente que había censada, posto que a empresa puxo en nómina a varias empregadas eventuais doutra empresa do grupo para conseguir uns resultados que propiciasen un comité de empresa favorable ós propios intereses da patronal.

    Os sindicalistas quixeron tamén dar conta das súas últimas reunións con representantes de Consellería de Pesca, do IGAPE, e a última, ca delegada da consellería de Innovación e Industria. Segundo relataron, ningún destes representantes do goberno autonómico coñecía os pormenores do plan de reestructuración da empresa; pola que se ían a pechar catro das factorías existentes para abrir outras dúas máis modernas en outras dúas localizacións que aínda ninguén coñece. Os representantes dos traballadores creen que este plan estructural non é máis que unha coartada para deixar de lado unha empresa rendible a prol dun negocio inmobiliario.

    Deste xeito, coidan que queren cambiar de localización as catro empresas conserveiras, para construír neses lugares privilexiados, varias construccións inmomibiliarias. Nos vindeiros días, CGT e Comisións obreiras van a iniciar unha rolda de contactos con organizacións e asociacións deste entorno para explicar a situación que se está a vivir no grupo ALFAGEME. Con esta campaña de comunicación, intentarán chamar á concienciacións da cidadanía para recadar o seu apoio en futuros actos reivindicativos.

    Redacción Salnés.