O GROVE> Os peixes e moluscos en conservas foron o produto estrela das undécimas xornadas gastronómicas A Cociña no Mar. Catro cociñeiros da contorna elaboraron no showcooking 9 pratos diferentes destes manxares. Centos de persoas gozaron desta degustación da festa do marisco.
As xornadas gastronómicas A Cociña no Mar celebraron na festa do marisco a súa undécima edición. A asociación Emgrobes organiza esta degustación que cada ano está dedicada a un produto diferente. Nesta edición escolléronse os peixes e moluscos en conservas. Esta degustación permite dar a coñecer os produtos do mar e as diferentes maneiras de elaboralos.
Os cociñeiros Francisco Caneda, Rubén García, Rocío Garrido e Rafael Mourelos presentaron 9 pratos diferentes destes manxares. Os centos de asistentes puideron gozar da degustación acompañada dun viño Denominación de Orixe.
A xunta de Galicia é un dos colaboradores do evento. A degustación encaixa perfectamente coa labor de promoción do ente autonómico.
Coas actividades das xornadas gastronómicas búscase tamén atraer a máis visitantes á festa do Marisco.