Aumentan un 2 % os tránsitos nos Portos Náuticos da comarca

    VILANOVA> Os tránsitos nos Portos Náuticos das Rías Baixas aumentaron o mes pasado un 2 % respecto ó exercicio anterior; unha tendencia que se pode facer extensible ó resto de Galicia. Desde Portos de Galicia aseguran que este aumento de visitantes en embarcacións deportivas se debe á promoción feita no exterior.

    O ente público Portos de Galicia ven de facer balance dos tránsitos que recibiron os portos náuticos de titularidade autonómica do Salnés e do Barbanza durante o mes pasado. Un volume de visitas que se incrementou un 2 % con respecto ó ano 2013, no que tamén aumentará a afluencia de visitantes. Para este departamento da Consellería do Mar este ascenso no número de visitas débese ás accións promocionais desenvolvidas no exterior, como a organización da primeira Travesía Náutica Xacobea ou a participación nos Salóns Náuticos de París ou de La Rochelle, nos que xa confirmaron a súa asistencia neste ano. E Francia é precisamente ó país de onde máis nos visitan. De entre os Portos con máis tránsito destaca o histórico de Sanxenxo. José Juán Durán adiantou que esta consolidación da tendencia á alta nos tránsitos dos náuticos se pode facer extensible ó resto dos portos galegos, especialmente a aqueles que están preto de cidades galegas significativas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/portos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/nautico_portos.mp4{/flowplayer}