Costas investirá un millón de euros na rexeneración entre Punta Esteiro e Careixo

    esteiro_100_200606.jpgBOIRO > O executivo boirés vén de recibi-lo visto bo da Demarcación de Costas en Galicia para o proxecto de recuperación e rexeneración do borde litoral da zona comprendida entre Punta do Esteiro e a praia de Careixo en Cabo de Cruz. O presuposto necesario para a realización desta obra ascende ó millón de euros, que será sufragado na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente.

    Segundo informou o concelleiro de Obras boirés, Xoán Xesús Ares, o proceso para a realización desta actuación vai moi avanzado e xa se tiveron as primeiras xuntanzas cos veciños da zona e que resultan afectados pola realización das obras.

    O importante grao de deterioro que presenta a costa de Esteiro foi unha das razóns que levaron ó executivo a presentarlle este proxecto á demarcación de Costas en Galicia para a súa aprobación.esteiro_200_200606.jpg

    A zona de actuación comprende o tramo entre a punta do Cabo de Esteiro e a praia de Careixo. Entre as accións previstas figurará a realización de medidas de protección e recuperación do dominio público onde a situación o permita, a canalización dos vertidos que actualmente van directamente á costa, así como a recuperación da servidume de tránsito en toda a zona que permita un axeitado tratamento do borde litoral e que faga posible realizar.

    Redacción Barbanza