![]()
POBRA > O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, presidiu a inauguración da piscina municipal da Pobra xunto a outras autoridades locais e provincias. As novas instalacións, que contan con servizo de sauna, masaxe e ximnasio, poderían entrar en funcionamento antes do un de xullo.
Fernández Moreda foi o encargado de presidir esta multitudinaria inauguración xunto ó alcalde, Isaac Maceiras, o vicepresidente da Deputación, Xaime Bello, e varios representantes dos concellos barbanzáns.
As novas instalacións, financiadas integramente poolo ente provincial, pretenden extender os seus servizos máis alá do ámbito meramente deportivo cunha finalidade médico-terapéutica a través de instalacións termais. Neste sentido, a empresa encargada da súa xestión, Acuagest, investirá 300 mil euros na ampliación da oferta con servizos como o spa con jacuzzi, baños de vapor ou solarium e actividades tales como o spinning, acuatic-gym, hidrokinesioterapia ou masaxe relaxante.
Unha vez entre en funcionamento o novo servizo, está previsto que se realice unha xornada de portas abertas durante quince días para que os veciños poidan acceder gratuitamente a tódolos servizos. As tarifas, que entrarían en vigor unha vez transcurrido este prazo, son bastante asequibles con bonos e pases familiares que conlevan importantes descontos.
No transcurso do acto de inauguración, o presidente da Deputación aproveitou para destacar a importante labor das administracións provinciais coa súa aportación ós concellos xusto no momento en que está en entredito a súa utilidade.
Así mesmo, referiuse a outras actuacións como a mellora da estrada de Santa Cruz e o arranxo da cuberta do Cine Elma que se acometerán a curto prazo no municipio pobrés.
Redacción Barbanza







