Paciencia nas salas das consultas de atención primaria

    atencionprimaria.jpg BARBANZA> A falta de persoal sanitario e o incremento da poboación coa chegada de veraneantes aminora a atención nos centros de saúde na comarca.

    Os meses de verán son complicados no eido sanitario, sobre todo nos centros de saúde dos municipios. As baixas vacacionais dos facultativos e o aumento da poboación pola chegada de visitantes son dúas variables que se combinan no mes de agosto e que adoitan ter como resultado consultas máis saturadas e máis tempo de espera a cada paciente para ser atendido. Pero son as urxencias, segundo os usuarios, as que se resinten máis da falta de persoal na época estival.
     
    {flowplayer}barbanza/atencionprimaria.flv{/flowplayer}
     
    Pediatría baixo mínimos
     
    As especialidades, como pedriatria, adoitan quedar sen facultativo titular e son poucas as ocasións nas que dende o Sergas lles remiten un substito no verán. Cando acontece isto, os rapaces que acuden ó ambulatorio teñen que ser atendidos por un médico de medicina xeral. Con todo, o que máis lamentan os usuarios dos ambulatorios é non poder contar co seu médico habitual, co que xa teñen confianza e adoitan coñecer ben as súas doenzas. 
     
    Malia isto, os pacientes notan que están ben atendidos, aínda que o que consulte non sexa o seu doutor habitual. Os usuarios aseguran que ca chegada do mes de setembro a situación volta a normalidade. Por tanto tan só resta armarse dun chisco de paciencia cando a espera para entrar a consulta se alonga máis do previsto.
     
    Redacción Barbanza