O arrastre valora sumarse á proposta de fixar topes diarios para o xurelo

    SANTIAGO> As flotas do cerco e do arrastre mantiveron unha reunión conxunta das comisións nas que ambas están representadas coa finalidade de acadar melloras na comercialización. A reunión estivo presidida pola consellería do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen valorou moi positivamente o clima de diálogo entre as dúas flotas, de cara a dar máis valor á súa actividade. Coa presenza da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, celebrouse en santiago unha reunión conxunta das comisións sectoriais do cerco e do arrastre. Durante a xuntanza, o cerco aproximou as súas perspectivas relacionadas co establecemento de topes diarios de capturas, e acordou concretalas nun borrador de norma de comercialización que se estudará nunha reunión posterior. Unha vez elaborada esta norma, a flota de arrastre terá que analizala e decidir si se adhiren a ela. Dase a circunstancia de que esta reunión é a terceira que se produce dende mediados de marzo co sector do cerco co fin de analizar vías de mellora para facer as pesquerías máis rendibles no tempo, e así poder sacar máis proveito económico da súa actividade. A esta última xuntanza sumouse tamén o arrastre, xa que traballan sobre o mesmo caladoiro, e actúan sobre as mesmas especies, compartindo tamén os mesmos mercados. A propia titular de Mar, Rosa Quintana, destacou o clima de diálogo entre as dúas flotas de cara a acadar melloras na comercialización dos seus produtos e así poder dar máis valor á súa actividade.

    Comments are closed.