Javier Gago non se presentará á alcaldía de Vilagarcía en 2007

    VILAGARCÍAJavier Gago, alcalde de Vilagarcía, decidiu retirarse da política local unha vez finalice a actual lexislatura. Gago manifestou a súa intención de retomar a súa vida profesional e persoal afastada dos compromisos municipais e dixo que a decisión adoptada é a mellor para el, para o partido e para a cidade que preside dende hai case 16 anos.

    javiergago_200_200606.jpgJavier Gago comunicaba ó Secretario de Organización do PSOE a súa intención de abandonar a política local durante o Comité Nacional celebrado o 19 de xuño en Santiago de Compostela, só un día antes de facer pública a noticia. O alcalde de Vilagarcía afirmou que se trata dunha decisión moi meditada e difícil de tomar. Gago estivo arroupado en todo momento polos seus compañeiros de goberno, que manifestaron a súa sorpresa ante unha decisión que coñecían minutos antes da comparecencia pública ante os medios.

    Gago manifestou a súa intención de recuperar a súa vida profesional e persoal afastado da política local, xa que, segundo dixo, ‘hai vida fóra da alcaldía’. A súa decisión non se debe ó cansancio nin á falla de ilusión porque marcha, afirmou, con iniciativas moi importantes en marcha, caso do proxecto Luz Salgada, amariaaraujo_200_200606.jpg remodelación da Praza de Abastos, o Centro de Tecnificación de Vela ou a Escola de Idiomas. A nova lexislatura, que comezará tralos comicios de 2007, suporá a culminación de importantes xestións levadas a cabo durante o seu mandato que transformarán á cidade. É consciente de que o futuro alcalde estará presente en inauguracións tan anheladas como as estradas de circunvalación e que a calquera lle gustaría liderar esos eventos, pero non será el quen presida eses actos.

    Gago está seguro de que o próximo alcalde será socialista, froito dunha lista na que comezan a traballar e con persoas interesadas en sacar adiante o proxecto iniciado por el hai case 16 anos. Sen embargo, é consciente de que debe seguila liña marcada polo seu partido, no que prima a renovación e o cambio, para rodriguezcuervo_200_200606.jpgdar paso a novos compañeiros que contribúan con folgos novos a un cambio de aires na política local. Ata a celebración dos comicios en 2007, o PSdeG- PSOE en Vilagarcía vai loitar por conseguir que os cidadáns volvan apostar polo seu partido cun proxecto plural, tolerante, moderado, progresista e humanizador. Os socialistas, dixo, apostan por gobernos para todos, sen intereses partidistas e persoais.  

    Redacción Salnés