Ingresan en prisión seis dos catorce detidos nunha operación antidroga

    BARBANZA > Nova operación antidroga na comarca do Barbanza que se saldou coa detención de catorce persoas acusadas de tráfico de estupefacientes e delito contra a saúde pública. Os imputados distribuían doses de cocaína, haxís, heroína, metadona e tamén cápsulas de Tranxilium e Codeína a través de sete puntos de venda situados nos concellos de Boiro, Ribera e Rianxo.

    xulgado_300_200606.jpgAs investigacións arredor desta rede de traficantes iniciáronse hai xa tres meses cando os axentes da Garda Civil de Boiro e Noia comezaron a segui-los movementos de varias persoas sospeitosas que contaban con antecedentes penais por delitos similares. As pesquisas propiciaron a detención dun total de catorce implicados que operaban na comarca dende hai varios meses a través dunha complexa rede estruturada en varios niveis.

    Durante o rexistro dos domicilios dos detidos, os axentes incautáronse de mil oitocentos doses de droga e importantes contías de diñeiro en metálico procedentes da venda das substancias. Tamé se requisou o material utilizado para pesar e envolve-la mercancía así coma xoias, reloxos e 29 teléfonos móbiles.

    Trala detención, o xuíz xa ordeou o ingreso en prisión de seis dos implicados na trama entre os que se atopan veciños de Boiro, Ribeira, Rianxo, Muros, Vilagarcía e Ames.

    Esta operación vén supoñer un duro golpe para o tráfico de estupefacientes na comarca do Barbanza co desmantelamento de sete puntos de venda de droga. Sen embargo, a Garda Civil nonm descarta que se produzan máis detencións nun futuro.

    Redacción Barbanza