Máis de 180 alumnos compiten no certame de creación literaria

    certameliterario copia100.jpgSANXENXO> A organización publicará os dez relatos cortos gañadores de cada unha das categorías do concurso.

    {flowplayer}images/salnes/CERTAME_LITERARIO_IES_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Un bolígrafo, dous fragmentos de historias xa contadas como punto de partida e, sobre todo, imaxinación e creatividade, son as únicas ferramentas coas que máis de 180 rapaces enfrontáronse a unha folla en branco no instituto de Sanxenxo, que hoxe celebrou a sétima edición do seu certame literario.

    Catro categorías agrupan os rapaces de entre 10 e 17 anos que participan neste orixinal certame, que naceu para os alumnos do centro, pero acabouse estendendo a outros do concello. Un concurso que estes novos escritores ven como unha vía para expresarse.

    A decisión do xurado farase pública no mes de xuño, nun acto celebrado no auditorio Emilia Pardo Bazán. Ademais, dez dos participantes poderán ver a súa obra publicada e cun prólogo dun escritor recoñecido. Unha selección difícil, debido ó alto nivel das obras e á gran acollida que recibe o certame entre os alumnos.

    A maioría dos que participan unha vez, repiten. E é que, segundo eles mesmos, paga a pena.

    Redacción Salnés