Un novo bombeo para a mellor do saneamento na zona das Patiñas

    patinascopy.jpgVILANOVA> O novo colector, que estará situado a 200 metros da praia, evitará vertidos ó areal e recuperalo banco marisqueiro.

    {flowplayer}images/salnes/RECUPERACION_PRAIA_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Augas de Galicia, será o encargado de instalalo novo colector en Rego do Alcalde. Isto vai a permitir que o bombeo situado ó carón do areal das Patiñas traballe só en caso de emerxencias e se eviten, así, vertidos ó mar.

    Despois de resolvelos problemas na rede de saneamento na zona de Currás, o que permitiu recuperalo banco marisqueiro do Esteiro a través da colocación dun bombeo previo, esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, presentou o proxecto para este punto fraco da rede, despois de solicitalo a Augas de Galicia. Aquí, o ente autonómico prevé empregalo mesmo método que no Esteiro.

    Durán sinalou, tamén, que a obra conta co respaldo dos sectores implicados, entre os que se atopa o colectivo das mariscadoras de a pé. E é que ademais de evitalos vertidos directos á praia, esta obra suporá a recuperación medioambiental do areal e dos bancos marisqueiros da zona.

    A obra, que agardan licite Augas de Galicia antes de final de ano, suporá unha inversión duns douscentos mil euros.

    Redacción Salnés